Rematamos o segundo trimestre!!

Hoxe é un día diferente, porque si, en cuarentena tamén hai días diferentes. Hoxe rematamos o segundo trimestre e comezamos as vacacións de Semana Santa. Seguramente non sexan as vacacións máis divertidas das nosas vidas, pero cada día que pasa estamos un pouquiño máis cerca de vencer ao virus e recuperar as nosas rutinas habituais. E cando isto pase seguramente todos seremos máis felices.

De momento déixovos por aquí algunhas propostas divertidas para rematar o trimestre


Lingua Galega

E se imaxinamos que o virus remata??? Nesta actividade propóñovos que deixedes voar a vosa imaxinación e imaxinedes como vai a ser todo cando acabemos con este virus. Para iso pulsa no seguinte enlace e segue os pasos.


Anímate a enviarme a túa historia ao meu correo: miguelrego.ceipriadoburgo@gmail.com

Matemáticas

Vamos a terminar el trimestre repasando las tablas de multiplicar con unos divertidos juegos:




Ciencias

Despois de estar estos días falando sobre nutrición e saúde, déixovos unha actividade que ten unha recompensa moi sabrosa e saudable.

Pincha no enlace, segue as instruccións, ordea os pasos a seguir e poderás elaborar o teu propio guacamole !!

Xogo receta guacamole



Para esta semana déixovos tamén unha versión musical de "El Rey León" representada en Chile. Espero que vos guste!

El Rey León musical (Chile)

Ata pronto!!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Mércores!

Benvidos!

A pola terceira semana!!