Entradas

Parabéns!!

  Reto conseguido!!!  Por fin!!! O noso cole está liberado do Coronavirus. Cos vosos retos conseguimos todas as claves necesarias para que Alfredo rompese os candados e así poder entrar en todas as aulas. Pero o máis importante de todo é que demostrástedes ser uns súper heroes da convivencia neste reto tan difícil. Aquí tedes o meu recoñecemento: https://drive.google.com/file/d/1FOdQfPnoTftSCCcuknsE5AuruG8Iid5K/view?usp=sharing Ademais, ao longo desta fin de semana teredes unha sorpresa na páxina do noso proxecto: https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo Por último, debedes estar atentos ao voso correo electrónico, xa que estes días recibiredes un diploma que acredita o esforzo realizado. Se non o recibides antes do luns 22 de xuño, podedes enviarme un correo electrónico e enviaréivolo de novo. Apertas para todos e recordade... cada día unha nova oportunidade para mellorar!! Feliz verán!!!

Últimas entregas!!

Xa estamos chegando ao final... o virus xa está case derrotado! Non vos esquezades esta fin de semana de entrar na web a recoller as vosas claves e desbloquear as últimas portas. Pero isto non remata aquí! A próxima semana estade atentos ao Blog porque teredes algunha sorpresa!

Última semana de retos e...Sorpresa!

Xa te des na web os retos desta semana... Xa nos queda moi pouco para logralo. A próxima semana termos un reto un pouco especial... Ánimo!!! 

Xa case o temos!!!

Lembrades cando empezamos todo isto?? Parecía imposible liberar o cole de tantos candados.... Pois xa case o temos! Lembrade estar atentos á web este fin de semana para recibir as vosas claves.  Último esforzo!!!

Xa non queda nada!!

  Xa estamos rematando! O voso traballo está a ser xenial e xa temos case todo o colo libre de candados do coronavirus.  Recórdovos que xa tedes na páxina web os retos desta semana. Moito ánimo! https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo/copia-de-3o-curso-1

Xa é venres!

Xa estamos rematando a semana. Non vos esquezades de enviarme os vosos retos e de entrar ao longo da fin de semana no apartado "Retos superados" da nosa páxina  https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo  para romper o candado desta semana. A descansar!

Biblioteca desbloqueada!

Moi ben rapaces!!!! Grazas ao voso traballo Alfredo conseguiu abrir a biblioteca!! Pouco a pouco o noso cole comeza a librarse do Coronavirus!!  https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo/copia-de-retos-extras Imos a seguir esforzándonos ata que non quede ningún candado. Aquí tedes as propostas para esta semana. Moito ánimo! Xa queda pouco! https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo/copia-de-3o-curso-1